
Un dos grandes negocios da rede é, hoxe por hoxe, traballar nos servizos de recuperación de información. E unha tendencia habitual nas grandes corporacións de Internet é a conversión do seu corazón tecnolóxico en servizos web, módulos que extraen datos reais cos que programadores independentes -non vinculados á empresa- poden experimentar: unha vía nova (e barata) de facer I+D en paralelo aos propios proxectos oficiais da compañía.
Deste xeito, Amaztype opera cos web services de Amazon nun novo xeito de recuperar información. Os resultados compoñen a palabra de busca cos libros do catálogo da libraría en tempo real, pero demostra que a innovación aínda está na grella dalgunha xente e que é moi posible que nos próximos anos vivamos sorprendentes, intuitivos -e efectivos- novos xeitos de busca.

Manuel Gago é xornalista e profesor universitario. 



