stigmato inc

20 Xuño, 2005

En boa parte dos recopilatorios de dance e lounge que saíron por aí nos últimos anos aparece un tema moi elegante e cautivador: Reality Check. Os autores son un grupo chamado Stigmato Inc : un magma informal formado por DJs de Barcelona, cantante afroamericana e algunha outra xente que, por non aparecer, case nin están no eMule. É destas veces nas que unha canción absorbe absolutamente a un grupo que seica lle vai moi ben nos vivos e directos da Mediterrania. Ademais, penso que o grupo tivo sorte ao verse como compositor-dun-só-tema: o disco completo, que conseguín o outro día, disolve Reality Check nunha seductora, pero discreta e convencional en exceso secuencia de temas sen máis valor que o dun espertar agradábel en fin de semana ou un bonito paseo.

.