
Non hai moito un coñecido produtor de rock dixo deles que facían música “para xente que aínda mexaba na cama”. Hai poucos días, o crítico musical Jon Pareles, do NYT, definía o seu novo disco, X&Y, coma melodías para “adolescentes lunáticas“. Si, señores, falamos de Coldplay. E teño que dicir unha cousa: este novo álbum é fodidamente bo. (oh, mygod, ¿Estaráseme pegando a linguaxe do presi?). Comezando polo seu tema inicial, Square One, case próximo ao son U2 e algún do bo rock oitenteiro ata o fantástico Twisted Logic ou o guiño íntimo de Till Kingdom come. O dito: non teño problema en retornar ao selenismo da secundaria que todos vivimos, se me ofrecen taraduras coma esta.



Manuel Gago é xornalista e profesor universitario. 




