Capítulo 0

MANUEL GAGO OFRECE UN MENÚ DEGUSTACIÓN DE:
DESEÑO. COMUNICACIÓN. GASTRONOMÍA. PRESENTE. ESTILOS DE VIDA. INTERNET. PASADO. VIÑO. CULTURA MULTIMEDIA. FUTURO. DESCUBERTAS.

Capítulo 0 random header image

Posts desde Xuño 2005

unha estraña combinación

29 Xuño 2005 · Comments Off

pobo.jpg

Comments OffTags: Diario¡Chimpa!

castroverde

27 Xuño 2005 · Comments Off

castroverde_1.jpg

Unha das estradas máis fermosas de Galicia é a que vai de Lugo á Fonsagrada. Alí, metido nun outeiro, está o castelo de Castroverde. Todo el camuflado no contorno semirrural, cun sentido de feísmo que espantaría ao mesmo concelleiro de urbanismo de Carballo. A torre, que se mantén en pé como pode, presenta esta curiosa figura na inaccesíbel porta de entrada.

castroverde_2.jpg

Comments OffTags: Diario · Roteiros¡Chimpa!

maxia

27 Xuño 2005 · Comments Off

azor.jpg A maxia naceu como a primeira vontade de intervención do ser humano na natureza. En paralelo á creación de técnicas para intervir nas partes da nosa vida que non controlamos -vudús, meigallos, rituais-, na historia cobraron especial relevancia os auspicios, isto é, a lectura en datos da natureza intimamente relacionados co destino particular dos seus membros. O medio, porén, xiraba nun ritmo similar ao dos seres que o viven. Os pobos mediterráneos hipotecaban decisións por estes; os pobos atlánticos facían algo similar. O outro día coñecín en persoa como, algún día de hai decenas de miles de anos, o primeiro sapiens, ao tentar explicarse un feito incomprensíbel, descubriu a primeira explicación, a maxia, a manipulación do descoñecido.

Levaba varios días traballando en cuestións de aves rapaces, preparando un tema xornalístico. Saio moito ao monte, pero non estou acostumado a buscar nin a ver fauna, e menos aves rapaces a menos de cincuenta metros de distancia. O outro día, perdidos nunha frouma montañosa, atopámonos un azor á beira da estrada. Ao pasarmos co coche, o azor comezou a voar. Pero fíxoo movéndose en paralelo aos cristais do coche, acompañándonos pola estrada. Logo desapareceu. Perdímonos e dimos vinte voltas. Ao cabo dun par de horas volvimos pasar por alí. E o azor seguía á beira da estrada, ollando para nós, no mesmo lugar. Paramos o coche, escoitamos moitos chíos, e de súpeto, fronte nosa, descubrimos unha batalla aérea. Unha parella de azores defendía o seu niño do seu invasor a poucos metros de nós.

Pensaredes que ando tolo, pero foi como se o ritmo da natureza e o do meu cerebro e corazón, durante uns minutos, fosen na mesma dirección. E descubrín que iso debeu ser, ao principio, nunha noite escura do Paleolítico, a maxia.

Comments OffTags: Diario¡Chimpa!

castro do cacheiro

27 Xuño 2005 · Comments Off

torre_lus.jpg

Do castro do Cacheiro -o único monte que hai pegado, pola esquerda, á estrada nacional Santiago á Coruña, pouco despois da FINSA- só queda a ferralla de Fenosa e esta pantasma de abaixo no Sixpac. A estrada, una canteira, o AVE, as infraestruturas eléctricas e a ignorancia fixeron o resto. Un rastro de tradición oral permitíu facerlle esta última homenaxe.

cacheiro.jpg

Comments OffTags: Diario · Roteiros¡Chimpa!

adiviñas

24 Xuño 2005 · Comments Off

Historia verídica. Autobús cheo a rebentar en Santiago.

Unha parelliña de sete anos discute no medio.

-Na túa casa, ¿de quen van? -pregunta a nena.
-¿E na túa? -responde el desconfiado.
-Non, di ti primeiro.
-Non, ¡ti!
-Non, ¡ti primeiro!
-¡Que ti!
-Ah, seguro que votades a Fraga -di a rapaza, de repente, con voz astuta.
-¿Como? ¿Por que o dis? -o rapaz alporízase.
-Porque se votaras a outro non che custaría nada dicilo.

Danke, sole

Comments OffTags: Diario¡Chimpa!

a caixa de warhol

23 Xuño 2005 · Comments Off

caixa_warhol.jpg

Andy Warhol almacenaba compulsivamente todo tipo de papeis (non é a única persoa que coñezo con esa obsesión, ghe). As 600 caixas de cartón que empregou, como esta de aquí arriba, atesouran recibos, follas de contactos, postais, cartas, fliers, minúsculas obras de arte. A estas caixas chámanselle, un tanto pretenciosamente, as Cápsulas do Tempo. E esta exposición en liña, TC21, explora de xeito multimedia o interior dunha delas, da Capsula do Tempo 21. É incríbel como unha acumulación desordeada de papel pode converterse nunha interface cara o coñecemento dun ser humano. E si que é unha caixa de sorpresas.

Comments OffTags: Diario · Ligazóns¡Chimpa!

word count

23 Xuño 2005 · Comments Off

mais_empregadas.jpg

WordCount é un experimento artístico sobre o xeito no que usamos a lingua. Presenta as 86.800 palabras máis frecuentemente empregadas en inglés, cualificadas en orde de uso máis común a menos. Cada palabra está escalada para reflectir a súa frecuencia con respecto á precedente e á seguinda, creando un barómetro visual de relevancia. (…) Os datos de WordCount data proveñen do British National Corpus, unha colección de 100 millóns de exemplos de lingua escrita e oral (…)
Jonathan Harris en WordCount.

Comments OffTags: Diario · Ligazóns¡Chimpa!

issey miyake

22 Xuño 2005 · Comments Off

desfile.gif

Como teño días de E+D (exploración + desenvolvemento) éntranme tódalas sorpresas que me ensinan. Como por exemplo, esta marabilla na web de Issey Miyake, un recoñecido deseñador de moda xaponés con fortes vínculos no pret a porter parisino.

Fíxate na web: na zona superior, onde indica “new collection”, escolle o desfile de muller en Flash Broadband. É posíbel que apareza unha especie de teaser de fondo negro antes, que terás que pechar. Volve a lanzar a xanela e verás xa o desfile: as figuras corren pixeladas, como pouco definidas. No vídeo non hai reprodutor. Pero se te posicionas á dereita ou á esquerda, o vídeo avanzará ou retrocederá. Se pinchas no centro obterás unha imaxe fixa definida. Este curro xaponés é prodixioso e extremadamente intelixente: o vídeo deseñado de xeito intuitivo, preciosista, está composto por unha sucesión de fotogramas en flash independentes os uns dos outros, sobre os que se superpoñen varias capas de audio diferentes (que fan ese efecto de rebobinado ou avance) e outras capas para as imaxes de alta calidade. É o movemento sen herdanzas do pasado en forma de reprodutores. Unha idea simple, tecnoloxicamente sinxela pero brillante.

Via malonso.

Comments OffTags: Diario · Tendencias en deseño¡Chimpa!

amaztype

21 Xuño 2005 · Comments Off

amaztype.jpg

Un dos grandes negocios da rede é, hoxe por hoxe, traballar nos servizos de recuperación de información. E unha tendencia habitual nas grandes corporacións de Internet é a conversión do seu corazón tecnolóxico en servizos web, módulos que extraen datos reais cos que programadores independentes -non vinculados á empresa- poden experimentar: unha vía nova (e barata) de facer I+D en paralelo aos propios proxectos oficiais da compañía.

Deste xeito, Amaztype opera cos web services de Amazon nun novo xeito de recuperar información. Os resultados compoñen a palabra de busca cos libros do catálogo da libraría en tempo real, pero demostra que a innovación aínda está na grella dalgunha xente e que é moi posible que nos próximos anos vivamos sorprendentes, intuitivos -e efectivos- novos xeitos de busca.

Comments OffTags: Diario · Tendencias en deseño¡Chimpa!

stigmato inc

20 Xuño 2005 · Comments Off

En boa parte dos recopilatorios de dance e lounge que saíron por aí nos últimos anos aparece un tema moi elegante e cautivador: Reality Check. Os autores son un grupo chamado Stigmato Inc : un magma informal formado por DJs de Barcelona, cantante afroamericana e algunha outra xente que, por non aparecer, case nin están no eMule. É destas veces nas que unha canción absorbe absolutamente a un grupo que seica lle vai moi ben nos vivos e directos da Mediterrania. Ademais, penso que o grupo tivo sorte ao verse como compositor-dun-só-tema: o disco completo, que conseguín o outro día, disolve Reality Check nunha seductora, pero discreta e convencional en exceso secuencia de temas sen máis valor que o dun espertar agradábel en fin de semana ou un bonito paseo.

Comments OffTags: Diario¡Chimpa!

berro

20 Xuño 2005 · Comments Off

ombreiros.jpg Crédeme: a miña primeira reacción é asomarme pola galería e berrarlles algo a este patio de veciños, minúscula representación deste país.

Pero, a verdade, con este corpo destemperado que me quedou, non sabería que.

Comments OffTags: Diario¡Chimpa!

galgueira

20 Xuño 2005 · Comments Off

Prevendo que moita xente se dará á bebida despois destes resultados electorais e algúns, se cadra, máis aínda despois do día 28, permítome frivolizar recomendando un: o Galgueira branco. Como arousán un tanto celoso, desconfío dos brancos do interior. Pero o Galgueira, un godello producido pola adega de Xermán Rodríguez Prada, D.O. Valdeorras, ten un sabor estremado, rico, cheo de matices, case cun fondo de tinto. A xente dese miragre da cociña mariñeira tradicional que é a do Garsán tróuxoo coma o último dunha especie de 2.000 botellas.

O viño é tan intenso que mesmo estou convencido de que faría unha maridaxe excelente con produtos algo máis fortes e arriscados que o peixe. Polo de contado, compartino ao carón do mar da Arousa, con dúas das mellores persoas deste mundo. Neste tempo, fai falta que a xente esteamos xuntos, moi pretiño.

Comments OffTags: Diario · Paparotas & Co¡Chimpa!

utopia today

16 Xuño 2005 · Comments Off

¡uh!

Via claudine

Comments OffTags: Diario · Ligazóns¡Chimpa!

falsificación

16 Xuño 2005 · Comments Off

cafe_paris.jpg
M. paseou pola libraría Henri Vignes en Saint Jacques. Gustáballe o ambiente repousado, intelectual sen pedantería, entendido. Alí tivo atopado algunha edición interesante de segunda man pero a súa grande paixón actual eran os libros grande formato. Escolleu varios deles: unha magnífica edición de grafías de mandalas tibetanos, un par de Riccis de miniaturas do Quattrocento, un tomo de Dorothea Lange e un colorista Sixties Design. Co seu pesado botín, achegouse ao mostrador e deulle un cartón de crédito ao dependente. O rapaz encolleuse de ombreiros, o terminal non llo aceptaba. M. sorriu e ofreceulle unha Visa que, esta vez, si entrou. Deixou os libros no coche e foi dando un tranquilo paseo por l’Estrapade. O verán, que está chegando, enche París de alegría de tirantes e bicicletas con axóuxeres. Gústalle pasear co xornal baixo o brazo mentres mira as estudiantes nos balcóns do Quartier. No paseo demora tres cuartos de hora,
ata sentar nas terraciñas dese restaurante da Place de la Contrescarpe que tanto lle gusta. Dáse unha cena estupenda con Marie: había anos que non a vía. Seguía espléndida, como máis segura e confiada de si mesma e cun punto de desquicio que só dan os anos de traballo. Beberon. Cearon. Mentiron.

El invitaba. Puxo o cartón na bandexiña. O camareiro volveu de contado: “Desculpe, temos un problema co cartón”. El sorriu amábelmente, facéndose cargo da situación e entregoulle a mesma visa de antes. Todo foi sobre rodas. Logo, continuaron o paseo. Marie tapouse cun chal. O relente da noite, aínda é cedo para a estación.

-Alégrome de que volveras a París -dille nun momento que el non espera.
-Agora son unha persoa nova -respondeu el.

Ese cartón rexeitado nas dúas transacións foi unha falsificación do meu co que tentaron a estafa o pasado martes. Por sorte o meu banco reaccionou de inmediato e paralizou ese cartón coa miña identidade roubada quen sabe onde. O que máis me marabilla é que, posíbelmente, eu tería estado nese mesmo lugar e feito o mesmo percorrido, de ser o meu clon e mesmo, mesmo tería ceado con Marie.

Comments OffTags: Diario¡Chimpa!

X&Y

15 Xuño 2005 · Comments Off

cold.jpg

Non hai moito un coñecido produtor de rock dixo deles que facían música “para xente que aínda mexaba na cama”. Hai poucos días, o crítico musical Jon Pareles, do NYT, definía o seu novo disco, X&Y, coma melodías para “adolescentes lunáticas“. Si, señores, falamos de Coldplay. E teño que dicir unha cousa: este novo álbum é fodidamente bo. (oh, mygod, ¿Estaráseme pegando a linguaxe do presi?). Comezando polo seu tema inicial, Square One, case próximo ao son U2 e algún do bo rock oitenteiro ata o fantástico Twisted Logic ou o guiño íntimo de Till Kingdom come. O dito: non teño problema en retornar ao selenismo da secundaria que todos vivimos, se me ofrecen taraduras coma esta.

Comments OffTags: Diario¡Chimpa!