
Seguindo un consello bretemeiro, imos ver Heroína. Na sala, sorprendémonos sós e rodeados de mulleres que superan os cincuenta anos e que miran o filme con algo máis que curiosidade. Nós tamén: non é nada complicado. Porque a trama deste asunto tan complexo -a peste de adición á heroína na Galicia de finais dos 80, pero tamén as implicacións familiares de meterse de cheo na acción social- non era nada fácil de contar nunha peli. Pero o guión é espléndido, e o ritmo das accións de Pilar Comesaña e compañeiros levan ao longo dos minutos polos lugares comúns nos que un vivíu a súa tardía infancia. Faino sen moralinas, pero con moito cariño. Vin de súpeto esa historia tan dramática, tan humilde que acontecera nestas vilas das rías. A nosa historia, e tan calada.
E presteille moita atención á excelente, e técnica interpretación de María Bouzas: estou convencido de que, como a Mabel, axiña lle chegará unha agradábel sorpresa no futuro.

Manuel Gago é xornalista e profesor universitario. 

