buscavidas

12 Maio, 2005

Sole preséntame a serie Buscavidas, de Alberto Breccia. O “vello”, como se lle coñecía nos ambientes da banda deseñada no Cono Sur, é o ilustrador dunha desgarradora serie -con guión de Carlos Trillo- sobre o enzoufamento da condición humana. O buscavidas é un recompilador de historias de baixos fondos que aproveita os afundimentos da xente para conseguir atopar a historia máis profunda, máis suxa, máis castrada. As grandes manchas de tinta negra sobre a superficie da historia conducen de cabeza cara un abismo de baixos instintos. Altamente recomendábel -cun estado anímico non moi depresivo. ;-)