xenéricos

25 Abril, 2005

Carlos e os seus amigos pasan polos aeroportos case unha tonelada de medicamentos tódolos veráns. Unha rede de complicidades diversas nas aeroliñas -que van dende a amistade ata o puro amor- permiten introducir na África negra, dende diferentes partes de Occidente, medicamentos xenéricos que aliviarán moitas dores, instrumental quirúrxico, outros materiais. Unha breve discusión coa xente da aduana permite salvar os problemas burocráticos.

-O principal problema da saúde en África son as compañías farmacéuticas -afirma este profesional- son elas as que están vetando, por políticas de mercado, o descenso dos prezos dos medicamentos, impedindo o uso de medicación xenérica. Agás Sudáfrica, o resto dos gobernos do continente están comprados.