predicións

12 Xaneiro, 2005

Alberto Knapp ofrece un cesto de predicións tecnolóxicas para o 2005, que se poden consultar neste pdf de The Cocktail. Sempre crin que as predicións tecnolóxicas valen máis para saber de que se falou no ano pasado que do que virán no vindeiro. E non está mal se un as toma así. O outro punto importante nas predicións é que moitas veces non se sabe cal é o tanto por cento de desideratum e cal o da análise fría. Quédome coa killer application (punto número 10): agregar contido de xeito personalizado como filosofía de creación de servizos máis próximos ao usuario -ou dende o propio usuario. O tema dos web services xa me soa máis a desexo.

Knapp foi editor de La experiencia de usuario, un libro de contidos un tanto irregulares que introduciu na literatura webbie en español a necesidade da prestar atención ao destinatario do sitio.

.