From the yearly archives:

2005

¿que haberá trala brétema?

29 / December/ 2005

in Diario

Pódenme crer: non é postureo e teño testemuñas. Imaxinen o estadio dos Boca Juniors, en Buenos Aires. 60.000 persoas urrando no derby entre o equipo anfitrión e o River Plate. Xúrovos que tremaba o cemento, todo o estadio, coma se fora un flan. Masas de cores, ondas con formas, helicópteros, obxectos desprendidos dende a grada superior. Un sudoroso e temíbel organismo colectivo. Nin sombra de policía en ningures. Comeza o partido. Recóstome contra a grada.

Aos vinte minutos quedei pracidamente durmido no medio da multitude. O último que lembro é a uns pais de familia, atrás miña, chorando -literalmente chorando- por un xogador que está tumbado no céspede, facendo o típico teatro de dor por unha patada contraria. Aqueles tipos crían que iso estaba pasando. Entre as monótonas patadiñas dun lado para outro, quedo durmido. Pásame como a Homer Simpson: son incapaz de percibir algo alén dos sucesivos roubos de balón dun partido de fútbol.

Por suposto, o partido de hoxe é diferente. Porque é unha festa na que coido que o fútbol, aínda que pareza paradóxico, é o menos importante. Supoño que o feito decisivo é moi sinxelo e simple: xuntámonos 16.000 persoas de pensamentos moi diferentes nun estadio por unha causa común na que ninguén ten intereses directos de peto ou bandullo. Tal cousa, en Galicia, dáse en moi contadas ocasións. A partir de aí, cadaquén constrúe o seu propio mito e a súa propia retórica.

Iso si, se me atopades nunha grada do fondo norte, durmindo coma un xanciño, non me espertedes. Non me pidades máis do que hai. Estarei rendido ante a patria de Morfeo. Que, ao final, é a única á que non renunciamos a diario.

{ 0 comments }

autoaxuda

28 / December/ 2005

in Ligazóns

Ríome moito cos libros de autoaxuda. En particular, daqueles que pensan que vas solucionar a túa vida e reprogramar o teu cerebro escribindo listas e enumeración de obxectivos en postits. Pásalles habitualmente coma determinados tipos de spam: apelan a frustracións que habitualmente non confesamos. Pero La Ciencia de la Seducción bate récords. Que compres este libro xustifícase do seguinte e práctico xeito:

Piénsalo, 29.95 euros es, probablemente, mucho menos de lo que gastarías en una cena para dos intentando seducir a esa mujer preciosa que te atrae….. Y con tu plan y destrezas actuales probablemente necesites muchas de esas cenas para empezar siquiera a intimar con ella… (Si es que finalmente lo consigues)

Aquí vai unha escolma de posibilidades enunciadas na promo:

Los 7 motivos principales por los que una mujer te dice que tiene novio y por qué, en más de un 70% de las ocasiones, no debería importarte lo más mínimo. (Página 145)

Cómo conseguir que sea ella quien se enamore y vaya detrás de ti, en lugar de ser tú quien la persiga a ella. (Página 84)

Cómo conquistar a una mujer con tu mirada. Desata el enorme poder seductivo que encierran tus ojos (Página 165)

La oculta (pero enorme) responsabilidad que el grupo de personas con las que te rodeas tiene en tu éxito con las mujeres… y qué hacer para que este secreto juegue a tu favor (Página 71)

La secreta conspiración urdida socialmente para evitar que los hombres tengamos éxito con las mujeres… y qué hacer para liberarse de ella (Página 48)

Qué quiere ella realmente decir cuando te dice “Somos amigos” , descúbrelo en la página 136

Un ejercicio basado en programación neurolingüística (PNL) que te ayudará a dejar atrás tu actual yo y convertirte en el hombre que deseas ser. Explicado en la página 66.

¿Cuál es el mejor día de la semana para tener un primer encuentro a solas con ella y por qué? (Página 187)

Cómo conseguir que sea ella quien voluntariamente te dé su número de teléfono, sin que tú ni siquiera se lo menciones. (Página 207)

Conviértete en un experto en el lenguaje metafórico y de la doble connotación: coloquial y amigable, pero también excitante y sexual al mismo tiempo… conseguirás lo que deseas sin levantar sus sospechas. (Página 135).

Lo que un jugador profesional de casino puede enseñarte sobre las mujeres. Una estrategia que es tan válida en el juego de la ruleta rusa como en el de la seducción (Página 143)

{ 1 comment }

posteo de baixa intensidade

28 / December/ 2005

in Diario

Algunha vez teño falado disto: publico no bló no meu tempo libre. Se tivera que dicir unha cifra de tempo investido en Capítulo 0, podería falar de media hora diaria. Algunhas veces algo máis. Sempre cando remato de traballar. Moitas veces pola noite. En certo xeito, Capítulo 0 indica canto descanso hai na miña vida. E neste último mes, como notariades os que ledes habitualmente a bitácora, hai moi pouco. Prometo mellorar calidade de posteo en canto teña restablecidas as comunicacións e estabilizados os tempos.

{ 0 comments }

freak geek

27 / December/ 2005

in Diario

fre

Chexire (e máis eu) facémonos esta pregunta:

¿Isto é freak ou geek?

Opinen :-)

{ 4 comments }

wal

Nesta liña de mirar cara atrás e ver todo o que a tecnoloxía engadiu ó noso corpo sitúase PC World, que vén de publicar unha listaxe cos cincuenta mellores gadgets dos últimos cincuenta anos. O primeiro posto está ocupado polo mítico walkman de Sony (aí empezou todo), o segundo polo ipod de Apple e o terceiro lugar está compartido polo DVR, o Replay TV e o TiVo. O ranking complétase co PDA Palm Pilot 1000 e o primeiro reprodutor de CDs de Sony, o Sony CDP-101.

A lista dos 50 mellores gadgets da historia, en PC World.
Vía Código Cero.

{ 0 comments }

Como nos enganan as compañías

26 / December/ 2005

in Diario

A miña operadora de telecomunicacións.

-Quero facer un traslado da miña liña de teléfono e do meu ADSL.
-De acordo, Sr. Gago. Son 48 euros.
-¿Como? ¿Canto me cobran?
-48 euros, Sr. Gago.
-Mire, é imposible, non ten ningún sentido. Porque se eu dou de baixa a miña liña e contrato con outra compañía, sáeme de balde, pago a metade ata febreiro e danme por pouco máis un router wi-fi.
-Espere, que lle paso co departamento comercial.

Tururú tururú.

O comercial vólveme preguntar. Eu dígolle que nin de cachondeo pago 48 euros polo traslado de liña, co mesmo número, na mesma cidade. Aos poucos:

-Está ben, Sr. Gago. Non lle cobraremos nada.

A miña compañía de seguros do coche:

-Mire, vostedes acábanme de cargar 675 euros dun primeiro prazo do seguro do mes que vén.
-Si, Sr. Gago. Como vostede non chamou para indicar o contrario, procedimos a renovar automaticamente a súa póliza.
-Perdoe, pero o ano pasado chamáronme para que dese a confirmación da renovación do seguro. Este ano non o fixeron, e non me informaron da variación do prezo ou de se desexaba facer un cambio no seguro.
-¿Desexa facer un cambio na póliza?
-Si, quero poñela a terceiros.
-Está ben, Sr. Gago, son 1.200 euros.
-¡¡Comooorll????
-1.200 euros.
-Está segura do que di. Iso é unha barbaridade.
-Pois si, señor Gago.
-Disculpe, pero é que nesta outra compañía cóbranme 600 euros de póliza polo mesmo.
-Estas son as nosas condicións.

Pola mañá devolvo o recibo no banco. Esta mesma tarde chama a compañía.

-Sr. Gago, parece que non está vostede satisfeito coas condicións económicas da póliza.
-Efectivamente.
-¿Pódeme concretar cal é a oferta que ten da outra compañía?
-670 euros.
-Queremos mellorarlla, Sr. Gago. Un momento, por favor…

Tururu tururúuuu.

-¿Sr. Gago?
-Si, dígame.
-Ofrecémoslle a mesma póliza por un prezo similar, 670 euros.
-Ao mesmo prezo?
-Queremos que se quede como cliente, Sr. Gago.
-¿E pode dicirme por que antes querían facerme pagar O DOBLE polo mesmo servizo?¿Estábanme enganando?
-….

As compañías de servizos entraron nunha escalada de competencia na que o consumidor debe estar moi atento. Podes estar a pagar máis do doble do prezo razoábel do servizo. E mesmo moitas empregan os descontos salvaxes como unha técnica de márketing, como unha especie de gratificación para facerte sentir unha sensación de victoria que bascule a túa decisión cara a súa beira. Nada parece ter o valor real na economía virtual e de crédito deste principio de século. Ofertas e demandas, marxes de beneficios, basculan en función de negociacións nada estábeis que poden levar a descensos de prezos de máis do 60% naqueles consumidores dispostos a ofrecer unha cara agresiva. ¿Cara onde nos levará isto?

{ 3 comments }

sede felices

23 / December/ 2005

in Diario

bosco

Facédeme o favor nestas festas. Dáme igual o que creades ou o que deixedes de crer. Pérdédevos no bosque. Atopádevos no asfalto. Sorbede grolos de café de pota. Machacádevos a SMSs. Botade de menos aos que están lonxe. Sentide morriña desa esa moza ou mozo que nunca tivestes. Quedádevos parados mirando coma o voso móbil segue mudo durante horas. Ou como chama todo o mundo menos quen tiña que chamar. Ou sentide esas andanadas de sms’s maquinais e repetitivos, de compromiso. Ou deixádevos agasallar cos amigos que vos mandan bicos polo aire e vos meten pequenos agasallos secretos nos petos dos abrigos. Fartádevos nas ceas cos colegas. Tíralle das orellas a un irmán. Deixade que vos encarnen as meixelas as burbullas de champán. E logo, sede moi felices, xente, estade moi vivos. Brindaremos por vós.

{ 0 comments }

caixeiro en recuperación

23 / December/ 2005

in Diario

caixeiro

{ 0 comments }

máis de xénero

22 / December/ 2005

in Diario

Imparto un curso de formación continua para profesionais do xornalismo que queren coñecer a comunicación en Internet. Saen dos seus traballos correndo para aturar unha sesión intensa de dúas horas de clase ata as nove da noite. Temos 17 alumnos. 16 son mulleres.

{ 1 comment }

O Eyetrack é un estudo dirixido por Steve Outing e promovido polo Instituto Poynter que analiza os patróns de visualización e lectura de cibermedios a partir do movemento dos ollos dos usuarios. Un monitor graba os movementos dos teus ollos mentres les o xornal na web e interactúas con el. O software logo procesa a relación entre os teus ollos e o que se representa na pantalla.

As súas conclusións son seguidas con moita atención polos profesionais do ciberxornalismo: parecen achegar verdades contundentes e precisións matemáticas nun mundo de tanta incerteza e excepción como é a comunicación. Dende o meu punto de vista, paréceme unha boa ferramenta de traballo para o deseño da información e a arquitectura dos sitios web, aínda que debe ser combinado con bastantes máis elementos de investigación. A cativeza da mostra (17 usuarios) provócame grandes cautelas. A gran cantidade de datos que dá sobre a percepción, o tempo de resposta a estímulos, as coincidencias nas secuencias de lectura son indicadores importantes da relación entre un usuario e un soporte de lectura.

A consultora Alt64 acaba de presentar unha versión do Eyetrack realizada con medios do Estado: ABC, El Periódico, El Mundo, La Razón, La Vanguardia, La Verdad. Máis centrado na exposición na publicidade e nas diferencias de percepción en relación ao xénero do usuario que en cuestións de formato gráfico, chamoume especialmente a atención o seguinte fenómeno en relación ás entradiñas das noticias:

entradiña

Non hai moita literatura científica sobre a relación entre xénero e percepción visual de medios, pero sen dúbida podería ser un fecundo campo de investigación de comprobarse a existencia dunha peculiaridade en futuras investigacións exploratorias.

  • Máis sobre Eyetrack 2003 en Capítulo 0
  • Informe completo en PDF
  • { 2 comments }

    cuestión de enfoque

    19.12.2005

    Juan Durán

    19.12.2005