Michael Curtis Ford escribiu A odisea dos dez mil. Non é a típica novela de iniciación con ambientación exótica. É certo, Xenofonte nace e cúrtese entre a soldadesca mercenaria grega nas areas de Persia que escapa á desesperada. Pero el e os seus compañeiros son heroes en progresión máis ou menos descendente, cando menos para os cánones clásicos. Non se fan máis marabillosos e perfectos, a aprendizaxe a vida non é unha secuencia cara a perfección, senón un cursiño intensivo de técnicas de supervivencia e moralidade liminal. Canto máis vello, máis supervivinte. O narrador, o seu escudeiro liberto, permite a típica narración transversal dunha personaxe quen de moverse entre os diferentes férreos estamentos do exército, pero con capacidade tamén innata para a covardía, a carraxe ou a adulación. Chuchar os dedos.



Manuel Gago é xornalista e profesor universitario. 




