
Dese exemplar elite de albariño, mencía ou merenzao xurdirán varias decenas de miles de novos exemplares, nun tempo record, con custes mínimos, illados nas mellores condicións. Nas abas montañeiras do país, o viño segue a prantarse a mercé do vento e das temperaturas. A cepa, sábese ben, é un bicho delicado. E os adegueiros reticentes aos cambios. Pero a tecnoloxía acaba de afinarse. Os protocolos para o funcionamento da tecnoloxía de micropropagación aplicada ao mencía e albariño son un feito.
Parabéns, eu tamén chos dou, neno, por ese brillante traballo.



Manuel Gago é xornalista e profesor universitario. 




