praza de abastos

11 Decembro, 2004

Lañei a cara co vento. Tropecei entre as pedras. Esvarei no cuarzo derretido. Derretinme ao sol en Melgaço. Acompañeite. Pechei os libros antes de abrilos. Reguei as baldosas con arroz á banda. Tentei comprender os mecanismos de reprodución en laboratorio. E logo púxenme a regatear, coma se estivese nunha praza de abastos. Releei coma unha vella. A pescada non sae barata, pero está atrapada coas mans na superficie do mar das dúbidas.

Estou a sete minutos do resto da miña vida.