Estampas pompeianas (I): o espello do tempo
2 / September/ 2010 – 6:18 pm | 3 Comments

Aos lugares nos que fuches feliz non volvas. Ante esta chamada á fuxida, o mellor é afrontar o reto. E descubrir na túa ollada sobre a máis fascinante cidade do mundo antigo que xa es outro.

Le a historia completa »
Home » Diario

escapada

16 / August/ 2004 2 comentarios

Preciso pensar so: escapo a Downtown -o centro da cidade- no xantar para ganharlle media hora as neuronas e entro nun restaurante colombiano. Sirvome algo e sentome ao caron do cristal, vendo de fronte La Casa de las Viejas, unha tenda de empenhos . Todo o local esta cheo de mulleres da limpeza latinas que traballan nos preciosos e luminosos ranhaceos bancarios e hoteleiros que nos rodean e que aproveitan a sua media hora para repasarse as familias. De supeto, un grupinho delas chamame: “no coma solo, senhor, vengase con nosotras”. Tento declinar a resposta pero elas teiman. Son tamen colombianas. “Usted se parece a mi hijo”, di unha delas, nun ton que non sei se e piropo ou decepcion. Remexome incomodo no asento. “Espere, espere, que estas viejas le aburrimos, le voy a presentar a mi sobrina, ya vera que linda”. Por sorte, Teresita, de 23 anos e camareira do restaurante e esta moi ocupada. As vellas falanme de Letizia e Felipe. Rimonos. Da guerrilla. Dos cubanos e Mas Canosa.

Remato por darlles as grazas, non sei moi ben por que, se cadra por compartir asi sen mais a vida, e o pensamento. Pareceme tan estranho, tan raro, tan pouco habitual hoxe entre estranhos. Teresita, de vivos ollos negros e fala retranqueira, aparece con cafes. E o seu pai cun licor dourado que leva estampada a corda da conversa facil.

2 comentarios »

Deixa un comentario!

Engade o teu comentario debaixo, ou trackback do teu propio sitio. Ti tamén subscribirse a estes comentarios via RSS.

Pórtate ben. Manteno limpo. Queda no tema. Non sexas troll. Nada de anónimos vengativos nin outras trangalladas

Podes empregar estes tags:
<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Este blog recoñece Gravatar. Se queres ter un, rexístrate en Gravatar.