A Secretaría de Comunicación do anterior goberno central vetaba as acreditacións de xornalistas de cibermedios: non eran os únicos. Noutros países os directorios políticos do Estado percibían con recelo a presencia de xornalistas de medios dixitais. En España, disque a institución máis agresiva e reactiva contra os cibermedios é a Casa Real, auténtico muro de Antioquía.
Sen embargo, cando hoxe vin a entrevista que concedeu Zapatero á veterana Radio Cable, puidemos ver un xesto máis na cadea iniciada trala investidura. ¿Ata que punto a nova Secretaría de Comunicación continuará con esta política? ¿Onde porá o pecho ás acreditacións para actos?



Manuel Gago é xornalista e profesor universitario. 





{ 0 comments… engade o teu agora }
Deixa un comentario