Apuntamentos prácticos sobre Asturias:
-A aldea chamada Posada de Rengos queda ao carón de Muniellos. Casa Mario, como xa dixen, é unha opción recomendábel, pero non a única. Non compensa ir cear a Cangas de Narcea se chegades cansos: hai unha pousada mesmo na aldea na que ofrecen unha deliciosa e abundante comida caseira a un prezo axeitado.
-Uvieu: Non teñades medo de parecer guiris e ide comer bos platos asturianos ao Terra Astur, ao principio da rúa Gascona, o territorio das sidrerías por excelencia na cidade. Preguntade polo “menú asturiano” (15 €) e un consello: deixade a táboa de excelentes queixos para o final.

Manuel Gago é xornalista e profesor universitario. 




{ 0 comments… engade o teu agora }
Deixa un comentario