video

12 Maio, 2004

Dende que comezou a guerra en Irak, prométome non mirar á televisión ao almorzar. Devoro xornais na cafetaría, pero xa é a segunda ou terceira vez que o telexornal me fai virar a cabeza dun lado para outro. O video do rapaz degolado en Terra Arxentina resultoume terríbel. Non estrictamente ese plano final da cabeza chorreante: para min o horror está nos alaridos dos fanáticos e na súa tolemia, na impúdica posta en escea diante da televisión, o escenario aprendido no que os asasinatos son realmente rendíbeis.

Paso todo o día co estómago revolto. Aínda nos queda moito callo mental por curtir, nós que pensabamos que xa o viramos todo.

.

{ 0 comments… engade o teu agora }

Deixa un comentario

Podes usar estes HTML tags e atributos: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>