Escoitamos onte a Diego Magdaleno nas Crechas. Traballa contando historias de preadolescentes que xa fomos. En dous momentos tamén entra dentro das historias tradicionais andaluzas. Bandoleiros, franceses, axustizamentos, tabernas e forcas. Conclúo que a taberna é un escenario universal para as historias e os personaxes marxinais son sempre os protagonistas da imaxinación xa que non o poden ser da realidade. No caso de Andalucía, bandoleiros de trabuco cargado contra o francés e o rico e o seu propio sentido da xustiza. No noso caso, o labrego pobre e borracho, o mouro que garda tesouros que non existen, o cura avarento.



Manuel Gago é xornalista e profesor universitario. 





{ 0 comments… engade o teu agora }
Deixa un comentario