Flood!

9 Maio, 2004

Na Feira do Libro descubro Flood!, e con el, a Eric Drooker. En realidade, xa vira moitos traballos deste autor, pero nin lle tiña posto nome nin sabía que era tan excelente narrador gráfico. Flood! é unha historia de territorio urbano, sen diálogo escrito, narrada nun expresionismo dinámico e fascinante que provoca a sensación de viaxar nun metro a toda velocidade pola historia. Dádevos un paseo pola web do autor, que contén abundante información sobre todo o seu traballo.

Outro territorio aberto para a exploración: a literatura de Roberto Bolaño.

{ 0 comments… engade o teu agora }

Deixa un comentario

Podes usar estes HTML tags e atributos: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>