Estampas pompeianas (I): o espello do tempo
2 / September/ 2010 – 6:18 pm | 3 Comments

Aos lugares nos que fuches feliz non volvas. Ante esta chamada á fuxida, o mellor é afrontar o reto. E descubrir na túa ollada sobre a máis fascinante cidade do mundo antigo que xa es outro.

Le a historia completa »
Home » Sin categoria

Nouturnio (06/03/04)

6 / March/ 2004 Sen comentarios

Gonderande chega de Ourense rebentado. Está presionado, moi presionado. ¿O traballo? “Qué carallo o traballo, o cabrón do meu compañeiro de piso, non lava un puto prato, limpa só a súa taza de almorzo, pasa ás mañás tres cuartos de hora no baño”. Imos con Protools ata o Zaguán, para tomar unha algo máis tranquila. Disección científica dos comportamentos nocturnos. Pro imparte cátedra definindo a teoría do pisotón, procedente dun amiguete DJ: “ti sabes que unha tía lle está entrando a un amigo teu, entrando digo, non só falando, cando lle pisas un pé e non protesta”. A segunda ensinanza é a “curva de inflexión”. O bico que inicia un rollo nocturno só se pode dar cando se está no alto da curva de conversación, e iso só é un luminoso instante. “Ti vas falando nun crescendo: se te despistas ou non te atreves cando caia a curva non terás nada que facer”. Zul rise máis tarde e dános a razón. Gonderande marcha durmíndose para a súa casa convencido de que aprendeu algo máis. A Compañía Globe pasa cantando la Bien pagá pola Praza de Mazarelos.

Deixa un comentario!

Engade o teu comentario debaixo, ou trackback do teu propio sitio. Ti tamén subscribirse a estes comentarios via RSS.

Pórtate ben. Manteno limpo. Queda no tema. Non sexas troll. Nada de anónimos vengativos nin outras trangalladas

Podes empregar estes tags:
<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Este blog recoñece Gravatar. Se queres ter un, rexístrate en Gravatar.