A textura de Tamara

Hoxe visito na hora do café a Tamara de Lempicka. Continúa vivindo nas Rochas Errantes. Quédome coa textura da luva no volante, os ollos caídos e co armario cheo das súas pinturas. Esta pose motorizada foi no seu tempo unha irreverencia. Eses ollos indolentes, preocupados por si mesmos, sen curiosidade, resumo de noites intensas, continúan séndoo.











