Visitamos o Castro Lupario, que está á beira de Faramello, entre o Milladoiro e Padrón. Máis que un castro semella un parque botánico en homenaxe á toda a silvestada con pinchos de Galicia. Trátase dunha acrópole situada nun lugar estratéxico -á beira do camiño que entraba ao val da Mahía dende o mar- e debe conservarse moi ben baixo a profunda e indomable capa de toxo. O máis destacable son as murallas, altas e rexas aínda despois de dous mil anos e as casas que aínda se poden ver no interior, caídas en si mesmas. Nun recanto, entre carballos, as ruínas dunha capela medieval. Un petroglifo -mil e pico anos anterior á fundación da fortaleza, agochado nas bases da muralla. E, ao fondo, a lenda abraiante da Raíña Lupa, a señora dos lobos, a gobernante de toda a comarca. É un lugar para soñar, para imaxinar, para comprender e para cabrearse.
Cabrearse. ¿Cómo un espacio tan interesante, á beira do Camiño de Santiago, está abandonado á súa sorte? ¿Como ninguén se ten preocupado, tan sequera, de mantelo nunhas condicións mínimas para visitalo sen converterse nunha regadeira? O Castro Lupario é o resumo triste de como está o patrimonio galego.



Manuel Gago é xornalista e profesor universitario. 





{ 1 … Le abaixo ou engade o teu }
Totalmente dacordo respecto do castro. Todo o entorno das aldeas da zona, o castro e mais a ponte forman un conxunto que merece moito mais respeto.
Deixa un comentario