MONDARIZ

30 Decembro, 2003

Rematei o libro do que vos falaba, A vida que nos mata, de Xabier López. Si, señor. Si, señor. Eis un libro ben escrito, que atrapa, que é quen de roubarche o tempo do que dispós para a nada. A vida que nos mata atrapa co seu antiheroe, o retrato das personaxes, o xeito en que a acción se precipita. Como nas boas novelas negras, o máis interesante é a crítica social dun país a piques de estoupar pola Guerra, máis que a mesma resolución do asasinato. Hai varias páxinas memorables -Sebastián Faraldo bebendo whisky no Casino de Donostia mentres espía á súa ex muller, que está a cantar coa súa orquestra de jazz-. O personaxe debe estar inspirado, se cadra, en dom Fernando de Mello Sequeira, de A cabeza perdida de Damasceno Monteiro, de Tabucchi, pero sen o seu poderío moral. Non, Faraldo xa vai queimado do mundo. Non quere deixar unha mensaxe. Ou se cadra si.

{ 0 comments… engade o teu agora }

Deixa un comentario

Podes usar estes HTML tags e atributos: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>