Veño de ver O Retorno do Rei, ou a Reviravolta. Dígoo porque para min sobrou media hora de metraxe. É curioso, porque cando lin o libro nunca me parecía abondo, e mesmo chegaba a racionar o número de páxinas da dose diaria. Pero claramente ao cinema esixímoslle algo distinto: para min podíanse recortar claramente algúns anacos da viaxe de Frodo e Sam polos paramos de Mordor, algo tamén do enorme epílogo. Aínda así, que beleza, que acción, que marabilla que fixo Jackson coas personaxes, a composición xeral, a emocionante arquitectura quinquecentista de Minas Tirith sobre a que non deixa de voar a cámara. Tamén a beleza de Edoras, a capital de Rohan, alí pendurada no medio do ermo do terreo, co seu häll, a casa real, de inspiración vikinga. De algunha forma, o director encaixou co inconsciente colectivo para meter dentro da pantalla os soños de miles de lectores.



Manuel Gago é xornalista e profesor universitario. 





{ 0 comments… engade o teu agora }
Deixa un comentario