Cando eu penso en webs ben feitas, teño varias referencias que reverencio. Unha delas é a casa de deseñoSecond Story, que desenvolveu unha sorprendente web: o Theban Mapping Project. Trátase dun proxecto de catalogación do Val dos Reis, o mítico lugar de enterramento dos faraóns e a nobreza exipcia. A web é un prodixio de interconexión de datos, animación e imaxe, e especialmente na súa capacidade de satisfacer ao público especialista, pero tamén ao que unicamente lle apetece pasar un bo rato. Nestes días de Nadal, que nos sobra un pouquiño de tempo, botádelle unha ollada. Esta tarde voume ao Señor dos Aneis. Xa vos conto. ![]()



Manuel Gago é xornalista e profesor universitario. 





{ 0 comments… engade o teu agora }
Deixa un comentario