Unha loita nacional

27 Decembro, 2003

Coméntanme que este ano causa furor o viño de moda para agasallos entre empresas e clientes, entre políticos, entre amiguetes: un Rioja, o Campillo. Por moito que se esmeren os viños galegos tintos, é moi difícil penetrar no corazonciño do home maduro galego, que considera como verdadeiro símbolo do Nadal o pack de tres botellas crianza Rioja -ou Ribera del Duero- nunha caixa de madeira rústica estilo “tradición e modernidade”. Ata agora, Mencías e similares só conseguían raigame nas máis novas xeracións que se incorporaban ao tapeo e bareo prexantar con novos hábitos. Gañada claramente a batalla dos brancos co Albariño, abrirse camiño para o tinto está ben complicado. Hai moito e moi bo por conseguir e a nós aínda nos falta algo, coido eu.

Por certo, visito a web das Adegas Campillo. Mirade que anaco máis terrible de prosa publicitaria: “En el corazón de la bodega no se oyen sus latidos. Es tanto el ensueño que el sonido se hace silencio”. Se alguén entende algo, que mo diga ;-)

{ 0 comments… engade o teu agora }

Deixa un comentario

Podes usar estes HTML tags e atributos: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>