Lecturas de días mortos e chuviosos coma este: A vida que nos mata, de Xabier López. Un xornalista obeso investiga o asasinato dos noivos o día anterior á súa voda no balneario de Mondariz. O acusado é un fotógrafo anarquista amigo do protagonista: a época, a Galicia da Segunda República. Xa me ten enganchado. Xa vos conto.
Tamén estou con “O espello no espello” de Michael Ende. Moito chollo acumulado, e agardando inmediato na ‘cola de impresión’, Harmonía Celestial, de Peter Esterházy. É estupendo recuperar -lembrar- o pracer de viaxar coa cabeza. Ás veces, por ter que ler tantas cousas de utilidade inmediata, esquezo a fascinación, a anguria, as imaxes dos bos libros. Cando agora leo algo que me sorprende e me atrae, devóroo compulsivamente. Sopa, empanada, chourizo, lambisco de letras.



Manuel Gago é xornalista e profesor universitario. 





{ 0 comments… engade o teu agora }
Deixa un comentario