Ratos en campos de concentración

22 Decembro, 2003


Aproveito a fin de semana para rematar de ler o segundo tomo de Maus, un álbum de cómic moi galardoado do debuxante Art Spiegelman. Maus conta en dous tomos a historia do pai de Spiegelman, Vladek. É unha historia de supervivencia: a dun xudeu polaco dende a caída da República de Weimar ata o peor dos campos de concentración. Interesoume especialmente a relación entre Vladek -pai- e Art -fillo-. Explícaa moi ben Pedro Jorge Romero nesta reseña. Maus quere dicir rato. Spiegelman representa aos xudeus como ratos, aos nazis como gatos e aos polacos como porcos. A narración é densa e chea de matices.

{ 0 comments… engade o teu agora }

Deixa un comentario

Podes usar estes HTML tags e atributos: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>