MATHMATICS FOR THE PEOPLE

21 Decembro, 2003

O meu irmán licénciase en Bioloxía por Vigo, e acudo ao acto de licenciatura. Coma sempre, mogollón de chistes privados entre os alumnos do curso e referencias en todos os que falan ás problemáticas da carreira que lembran, en gran medida, ás de tódalas outras, especialmente a todas as licenciaturas que foron inventadas en tempos máis ou menos recentes. a) Non hai traballo pero esforzándose pódese atopar (discurso de ex alumnos); b) a pesar dos problemas da Universidade, o esforzo pagou a pena (discurso do delegado da clase); c) Estamos a preparar a Universidade do futuro, Bioloxía é moi importante no marco do Documento de Bologna e en Europa (discurso do vicerreitor). A nota particular desa carreira sitúase no que o padriño dixo sobre o estatus das ciencias da vida, Miguel Anxo Murado, do CSIC. Máis ou menos así: “a bioloxía é unha ponte entre as ciencias humanas e as ciencias mal chamadas puras. Iso fai ás veces que a nosa carreira sexa moi indefinida. Necesitamos más matemáticas”. Todos indicaron esa necesidade. Eu, que se non fora tan cabestro para os números sería algo relacionado coas ciencias da vida, resúltame terriblemente atractica unha carreira que fale da Vida, que permita conciliar o pensamento das letras coa precisión -máis ou menos real- das ciencias puras. Noutra vida dedicareime ás cadeas do ADN.

{ 0 comments… engade o teu agora }

Deixa un comentario

Podes usar estes HTML tags e atributos: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>