Un brinde por todos e todas

Hoxe comezo este blog. Négome a enunciar bós propósitos para a existencia deste diario. Aínda non estamos en xaneiro e, polo tanto, non teño que purgar a miña conciencia con novos propósitos de vida. ;-)

Espero que cada vez que aparques por aquí teña algo novo, por minúsculo que sexa, que contarche. Hai fantásticas bitácoras por aí ciscadas rede abaixo: o meu vai ser máis escaso, máis distanciado no tempo. Isto non é un caderno profesional, nin persoal, nin un manual de sibaritismo, ou de afeccións, que tamén o será. É, máis ben, unha experiencia nova. Facer a vida pública significa converterme nun grupo editorial en min mesmo. Que será o que quero amosar de min mesmo? Non teño nin idea. ;-)

Be First to Comment

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará