Publicado o 14 / Decembro/ 2003 en: Diario, Sin categoria

SADDAM RELOADED

Os medios difunden a imaxe dun Saddam capturado, escondido nunha tenda de verduras da súa cidade natal. Todo isto, o follón de Irak, digo, sóame tan a vello como a propia historia humana. Vendo a evolución do conflicto, a mentira inicial, a guerra arrasadora, a resistencia organizada e un lider pantasmal, que non se sabe se está vivo ou morto, estou lendo calquer tratado de historia dende a época clásica ata hoxe. Un dos capítulos interesantes sempre é a descuberta do líder fuxido: pode ser que sexa el ou non. Particularmente, expreso algunha dúbida. Calquer tratado militar básico informa de que é necesario borrar os símbolos da resistencia, e seica Saddam continuaba a ser o líder para un grupo -ao que sabemos dende aquí, a mellor forma de calificalo é de “indeterminado”- de xente. Cando os romanos conquistaron Gallaecia, unha das primeiras cousas que fixeron foi cargarse sete altares indíxenas de gran valor relixioso, que logo chamaron Aras Sestianas.