Publicado o 14 / Decembro/ 2003 en: Diario, Sin categoria

Cine e barrio

Ceo onte con Nacho en La Bodeguilla de San Roque. Rico, barato, moi boa calidade. É unha alternativa estupenda en Santiago, aínda que chegando despois das dez da noite é imposible atopar sitio. Notas rápidas: un viño navarro estupendo -Palacio de la Vega, crianza do 95-, táboa de patés e solombiños ao queixo. Estamos cansos, retirámonos cedo, antes parada na Barraca -un non tan típico bar de barrio- para tomarmos unha caña. Pola noite vexo “Mi gran boda griega“. A esta peli pásalle o mesmo que a Love Actually. Demostran que o problema non son os xéneros cinematográficos, senón as calidades. Son comedias románticas moi ben escritas se tes a mente abondo predisposta para velas. Outra cuestión é a interpretación de John Corbett, a quen ao mellor lembras da mítica Doutor en Alaska. Claramente, doume conta de que esa serie xa pertence á miña educación sentimental. Imposible zafarme da súa personaxe: Chris Stevens, o locutor, crego, profesor, bohemio, filósofo, confesor.