Italia


Fotos: Sole

Na cociña trentina é estupendo atopar a confluencia de culturas que tamén se aprecia no resto da cultura destas rexións alpinas. Un bo sitio para probar esta cociña, con toques actualizados, é Ai Tre Garofani [T: 0461 237543 / localización]. É unha trattoria (aínda que non te imaxines un establecemento popular) ubicado no casco vello de Trento, e no lugar dunha antiga taberna documentada, seica, desde o século XIII. Aquí cómese unha cociña de Trento, actualizada no formal, que permite comprender a tensión mediterráneo-montaña, entre o mundo xermano e o mundo latino, entre a calor e o frío.


Tortel de pataca con mortadela afumada, cebola e pementos agridoces.


Os Canederli, que estaban espectaculares.


Atención a este Carré di agnello in crosta di limone e menta con lenticchie al profume de coliandro e sformantino de zucchini

Como vedes, confluencia de herdanzas, entre a Emilia-Romagna, os Alpes…ese año con costra de limón era absolutamente espectacular.

Cun viño tridentino local non especialmente afortunado, pagamos ao redor de 35 euros por cabeza. Un bo momento para continuar paseando e vendo as belezas deste apacible lugar. No interior do post tes máis fotos.