Destacado

O novo libro de Galaxia indaga no receitario dunha mítica familia da cultura galega: os Cunqueiro, a través dos cadernos de Elvira González-Seco. Unha viaxe gozosa aos banquetes festivos da burguesía galega dos 60.

A rede está chea de magníficas xoias que demostran que se pode ir moito máis alá na gastronomía. Series de luxo, que convidan a coller o coche e marchar á procura de sabores e arrecendos de inmediato. Aquí van cinco recomendacións de series que amo con tolemia, pola súa calidade, o seu contido e o seu proxecto.