Un agasallo para os lectores de Capítulo Cero e La Caja de Los Hilos

Estamos que o tiramos! Aproveitando a xentileza do Grup GSR, que nos enviou unha copia a cada un, aproveitamos para sortear entre os lectores de Capítulo Cero e La Caja de los Hilos un orixinal de elBulli, historia de un sueño. Catálogo audiovisual 1963-2009. Un pedazo agasallo que documenta a evolución e os procesos de creación e traballo nun dos restaurantes máis famosos do mundo. Participar no sorteo é moi doado: simplemente hai que deixar un comentario neste post ou no propio de La Caja de los Hilos de Soledad Felloza. Nin sequera precisas dicir unha frase divertida. :-) Admítense correos ata as 16 horas do día 1 de xaneiro de 2010 (xa sabes o que tes que facer cando espertes con resaca).

O sorteo celebrarase o día 1 de xaneiro de 2010 pola tardiña (avisaremos o día anterior a hora exacta e tentaremos retransmitilo por vídeo en directo), para podercho enviar por correo postal convencional o sábado 2 e confiar que te chegue para Reis (no caso de que esteas no Estado español).

Aquí tes unha descrición máis exacta do agasallo:

“elBulli, historia de un sueño. Catálogo audiovisual 1963-2009” es una serie compuesta por diez capítulos sobre la trayectoria de uno de los mejores restaurantes del mundo. Los nueve primeros recorren su historia desde que sólo era un chiringuito de playa con minigolf hasta convertirse en el máximo referente de la vanguardia gastronómica internacional. El décimo capítulo es un apasionante viaje por todo lo que acontece en el elBulli, desde que inicia su actividad diaria hasta que, bien entrada la madrugada, cierra sus puertas. Además, “elBulli, historia de un sueño. La película” recoge el montaje realizado en formato más reducido de la historia de elBulli. Esta obra, producida por TVE, con la colaboración de Visual13, y dirigida por David Pujol y Albert Adrià, muestra el trabajo de Ferran Adrià y la relevancia de la gastronomía entendida como expresión cultural.

Ahora llega a disponibilidad del gran público, distribuida por Cameo y recogida en un elegante pack de coleccionista que incluye 4 DVD y un libro.

80 Comments

  1. Seve
    24 / Decembro/ 2009

    Todo un luxo. Graciñas e sorte a todos :)

  2. Jéssica Beiroa
    24 / Decembro/ 2009

    A verdade é que me senta algo mal comentar un post só cando hai algo material de por medio.

    Iso foi o que pensei nun primeiro momento, pero está claro que non só hai algo material, nin pola vosa parte nin pola miña.

    Pola vosa hai, coma sempre, unha xenerosidade enorme e pola miña hai unha fonda admiración ao voso traballo e valentía.

    Aproveito e respondo tamén o post feito neste blogue no que se nos desexan boas festas. Pois para vós só podo desexar saúde para que eses tantos proxectos ilusionantes poidan seguir o seu curso.

    O dito, é un verdadeiro pracer poder participar nesta iniciativa.

    Agora que pasou a Santa Lucía e minguan as noitas e medran os días poderemos gozar aínda máis das vosas achegas culturais e sociolóxicas.

    Apertas.

    -Jéssica.

  3. J. Diz
    24 / Decembro/ 2009

    Encántame a vosa iniciativa, a verdade é que sería un dos mellores agasallos para este Nadal, así que como non podía ser de outra maneíra, apúntome ó sorteo. Bo Nadal a todos.

  4. 24 / Decembro/ 2009

    Jéssica, por suposto que se pode participar aínda que non se comente habitualmente! Non vos cortedes por iso. Eu tamén leo moitísimos blogs pero comento pouco. :-)

  5. 24 / Decembro/ 2009

    Eu apúntome, que todo o que sexa de balde… :D
    Boas Fessta, Feliz Aninovo e a comer e beber con moderación!!!!

  6. 24 / Decembro/ 2009

    Outro que se apunta!
    Boas festas.

  7. Rodrigo
    24 / Decembro/ 2009

    Un agasallo interesante. Moita sorte a todos.

  8. 24 / Decembro/ 2009

    Ben, eu son tamén parco en comentarios aínda que lector fiel (non me perdo unha entrada), así que tamén contade comigo. Moitas grazas e felices festas.

  9. 24 / Decembro/ 2009

    MEIN GOTT!!! ( Comentário estrictamente xermánico: xélido, conciso e moi funcional pra esa rifa ordinaria que organiza vostede neste tempo de Nadal igualmente ordinario… ).

    Herr Graf Ferdinand Von Galitzien

  10. 24 / Decembro/ 2009

    Escribo en representación da Comunidade de Montes de Abelaíndo (30 almas -mellor trinta veciños, todos de requintada mantenza-). Daquela, a este comentario adxudicaránselle trinta boletos, non si? Cando digo boletos quero dicir rifas, non cogomelos.
    Bo Nadal ao clan “Capítulo 0”.

  11. 24 / Decembro/ 2009

    Canta xenerosidade !!!!

  12. R.
    24 / Decembro/ 2009

    Ai la la ai la la¡¡

  13. 24 / Decembro/ 2009

    um feliz natal pra você e pra Sole!! É claro que vou passar também no blog dela pra desejar o mesmo, mas saber que aqui participaremos de um sorteio tão legal não me deixa indiferente….;)

    Unha aperta, Manuel!

  14. 24 / Decembro/ 2009

    Pois outro que se apunta que non soe comentar pero sí ler. Ademáis, ó ser veciños, aforraríades os cartos do correo ;-) Carri

  15. Gustavo A. Garrido
    24 / Decembro/ 2009

    Veña! apuntame tamén. Boas Festas, de paso.

  16. 24 / Decembro/ 2009

    Bo motivo para facer o meu primeiro comentario aquí. Pensaba pedirllo aos Reis, pero agardarei ao sorteo…
    Por certo, marabillosa descuberta o teu blog, Manuel. Noraboa!

  17. violeta
    24 / Decembro/ 2009

    Gago,comentarche que en galiciaé.com,no suplemento de A Cahaira deste martes pasado ,faise unha referencia á foto de Viladonga.
    Boas festas a todos e grazas

  18. MJ Méijome
    24 / Decembro/ 2009

    “historia de un sueño”, cantas historias… cantos soños…

  19. Huguiximo
    24 / Decembro/ 2009

    Grande Iniciativa!!! Moi ben e moitas gracias!

  20. Carqueixa
    24 / Decembro/ 2009

    Pois eu tamen quero participar. E tamén quero ir comer ao Bulli.
    Grazas polo sorteo e parabéns polo blog.
    Un saúdo.

  21. Gerardo
    25 / Decembro/ 2009

    Os concursos dos blogues, do melhor do melhor :)

  22. alejandro
    25 / Decembro/ 2009

    Dios mio, los reyes existen de verdad, …..

    Como ya he leído en otro comentario, me da un poco de vergüenza escribir solo, cuando se sortea algo. El resto de los días, “solo” leo.

    Felices festas a tod@s!!!!

  23. 25 / Decembro/ 2009

    Nos en Viña Costeira igual que Ferran somos fruto do “Virus do Progreso”( libro interesante de Gonzalo Fernandez Edito Ezaro) Xente como Ferran tocados por o Virus do progreso fan avanzar o mundo.

  24. Andrés Núñez Rajoy
    25 / Decembro/ 2009

    Aproveitando a participación dúas cousas. Primeira: lembrçáchesme o arroz de carlos Parra na Veiga que cando mo contoron non me creía ata que o probei (moi bo e farturento). Segunda nos viños recomendados so atopei o Garabato, que xa sabía del e o portugués pero os outros por Galicia (Pontevedra-Vigo xa que non tiven tempo de vagar en Compostela) non os dín atopado. Saúde e bo ano

  25. 25 / Decembro/ 2009

    Veña, xa que non xogo nada a lotería probemos sorte no teu blog.

  26. reflexf4
    25 / Decembro/ 2009

    Bon Nadal, e que Deus reparta sorte…:-)

  27. 25 / Decembro/ 2009

    Cando vin o anuncio dos dvd na tv dixen:
    “carallo como se move este Ferrán”

    Agora que o vexo aquí, creo que me gostaría de catar os dvd

    PD: Outro máis

  28. Sergio
    25 / Decembro/ 2009

    hola

  29. ALamas
    25 / Decembro/ 2009

    Probando sorte :)

    Unha aperta!

  30. Cesar
    25 / Decembro/ 2009

    Veña, apúntome…

  31. moncho lemos
    25 / Decembro/ 2009

    eres millor que “el pais” “abc” ou “el mundo” facendo promocions culturais…jeje..unha aperta e feliz nadal

  32. jose
    26 / Decembro/ 2009

    Grazas polo Blog. ¡E agora facedes sorteos! Vaia caso.

  33. luca
    26 / Decembro/ 2009

    Ese si que sería un bo regalo de reis, oxalá teñamos sorte. Unha aperta

  34. 26 / Decembro/ 2009

    37, non vaia ser que toque…

  35. PabloV
    26 / Decembro/ 2009

    que tios! non sabedes como aumentar a vosa tirada :)
    (entedo que esto tamén vale, non si?)

  36. PabloV
    26 / Decembro/ 2009

    manolo cada comentario é un boleto?

  37. PabloV
    26 / Decembro/ 2009

    se é así fago outro…

  38. 26 / Decembro/ 2009

    igual xa o tedes comentado máis arriba pero como vexo > 37 comentarios… non me deu tempo a lelos :D así que antes de seguir posteando vou ler o que dí a xente

  39. 26 / Decembro/ 2009

    Pablo, bo intento! Pero one person, one boleto… :-)

    E por certo, para Calros. Encantado de que os 30 veciños da comunidade de montes de Abelaíndo concursen, pero con cadanseu comentario. :-)

  40. f. blanco alcaide
    26 / Decembro/ 2009

    É un bo motivo para sacudirme da preguiza que sempre aparece á hora de escribir comentarios. Así que aprobeito para felicitarvos polo voso traballo e tamén agradecervos a labor que realizades.

  41. FranLR
    27 / Decembro/ 2009

    Un bo detalle da vosa parte. Parabens por anticipado ao gañador! Felices festas!

  42. mike cleveland
    27 / Decembro/ 2009

    o dvd e incrible e mais sabendo de anticipado que saio eu

  43. 27 / Decembro/ 2009

    O libro vira asinado por Gago e Sole??

  44. 27 / Decembro/ 2009

    Eu, se iso, o agasallo xa o vou buscar eu, non fai falta que mo mandedes por correo (outra aproveitada).

  45. Marta
    27 / Decembro/ 2009

    Un agasallo que calquera desexaría ter. Sorte a todos.

  46. 28 / Decembro/ 2009

    belay, non teremos tal chulería. :-) Mágoa non planificalo con algo máis de tempo (ao final todo é sempre tan a correr!), porque o chulo sería que o asinara Adrià, ou Adrià e Soler, que seguro que o farían encantados.

  47. R.
    28 / Decembro/ 2009

    Pois a min faríame ben máis ilusión que o meu exemplar levase a firma de Manuel e Sole. Non che son nada de mitomanías e prefiriría lembrar á xenerosidade dos que tiveron esta boa idea.

  48. Elena
    28 / Decembro/ 2009

    -Outra que sole ler ,pero non escribe, pero este agasallo motiva a calquera a por unhas verbas e tentar sorte para Reis …senón tocaran carbóns!!
    -Agradecervos as vosas apartacións día a día ao longo do ano e animarvos para que no 2010 haxa máis.
    -Deséxovos un bo Ano Novo cheo de ilusións, proxectos,alegrías…
    -Por certo, non me parece un acto de chulería o de firmar- adicar un regalo que vos agasallades, opino que o deberías asinar vos, xa que neste caso sodes os Reis!!!

  49. rosiña
    28 / Decembro/ 2009

    Carai! estádes xenerosos! un bó detalle c@s vos@s seguidor@s, si señor.
    Feliz dous mil dez.

  50. Pepe Fernández
    28 / Decembro/ 2009

    Moitas grazas pola vosa xenerosidade. Son seguidor dos vosos blogs e estou moi agradecido polas vosas achegas. Aínda que non son monárquico, desta volta case me fago fan dos reis “majos”. Saúdos e non emfermar!

  51. 28 / Decembro/ 2009

    Alaaaaaaaaaaaaaaaaa….

    A ver si hay suerte.

    Milu.

  52. 28 / Decembro/ 2009

    Hola, eu tamen quero participar…
    SALUDos desde o Ribeiro, feliz 2010

  53. 28 / Decembro/ 2009

    Prestariame bastante …

  54. javier
    28 / Decembro/ 2009

    y a mí también

  55. Cubeliños
    28 / Decembro/ 2009

    Si Señor, compartir é amar!!!!

    Mimadriña si me toooooccaaaaaaaaaa.

    Dende a Capital do Barbanza, boa saída e entrada de ano.

  56. oscar
    28 / Decembro/ 2009

    Hola a todos-as, como vai iso?, boa iniciativa, e gracias a ti Pablo que me tes sempre ó tanto de todo, e que non se cele quen sei eu jjejejeje

  57. 28 / Decembro/ 2009

    “Un nace ou faise ” Os que tivemos a sorte de nacer nunha familia con amplias raigames profesionais, que mamamos o verdadeiro saber, que sufrimos e desfrutamos dun segredo, un bo facer que perdurou e perdura de xeración en xeración. Non esquezamos de onde vimos, e cal foi o camiño percorrido. Gracias a xente como o meu amigo Pachi Baranda esto todo non cae no esquecemento.
    Para os que por natureza nos queixamos por todo; e sobre todo polo traballo que nos da o traballo; ahí está xente como meus avós, meus páis, ou a xente que retrata Pachi no seu documental sobre un traballo tan antigo e admirabel, como as Pulpeiras de Arcos, eso si que era traballar, e non o que facemos agora, vai por elas…

    “As pulpeiras de Arcos, agora anciás, percorreron Galicia a pé, en carros tirados por bestas ou en autocares onde se mesturaban pasaxeiros e carga. As súas vidas nómadas transcurriron de feira en feira e de festa en festa, con días de sol e noites de xiada. Agripina, Morocha, Pepita, Aurora, Teri, Perigrina e Carme son un diario vivinte desa época. Xuntan centos de experiencias e memorias que nos axudan a entendela mellor”.

    Pinchade no enlace para ver o video.

  58. chianti
    28 / Decembro/ 2009

    Son un admirador do teu blog e tamen dos regalos que son de balde…

    Un saudo e feliz ano

  59. 28 / Decembro/ 2009

    Pois agardando non parecer moi aproveitado…apúntome, ledas festas

  60. alugris
    29 / Decembro/ 2009

    Non vou agardar nin á resaca nin a estar peneque, que despois non remexo os dedos polo teclado… eu apúntome xa

  61. 29 / Decembro/ 2009

    Bueno, haberá que intentalo. Xa que non foi na loteria, a ver si o señor Gago e o noso calvo da sorte…

    Unha aperta!

  62. xesus baños
    29 / Decembro/ 2009

    Sodes os mellores. Tamés por isto

    Boa sorte para todos.

  63. sampedro
    29 / Decembro/ 2009

    Outro mais que tenta a sorte, xa quen non tocou a lotería de nadal……..

  64. tocajuevos
    29 / Decembro/ 2009

    A ver si me toca, que ando descreido con esto da sorte. Que teñades un ano bo, e que todos o vexamos/leamos

  65. canabalian
    29 / Decembro/ 2009

    Cun agasallo así, vas superar o récord de comentarios! Outra máis que se apunta. Boas festas e mellor ano 2010!

  66. 29 / Decembro/ 2009

    Serei eu o afortunado !!! Ummmm, non o creo, nunca tiven sorte nestas cousas.
    Feliz ano.

  67. pfgarea
    30 / Decembro/ 2009

    pois por probar que non quede…

  68. 30 / Decembro/ 2009

    a ver…, que metín o comentario anterior sen email e non vaia selo demo…

  69. oLO
    30 / Decembro/ 2009

    A cabulli regalado…

    … veña, envíamo xa que pa que vas sortealo se me toca sempre. Se non me toca será porque conseguirei sitio pa catro no seu restaurante.

  70. 30 / Decembro/ 2009

    Preferiría unha invitación para dúas persoas para cear nese restaurante, anque se toca non o desprezo ;-)

  71. pilar
    30 / Decembro/ 2009

    ¡¡¡ufffffff!! llego a tiempo para el sorteo…..

  72. 1 / Xaneiro/ 2010

    bueno, xa estades inscritos todos/todas. Hoxe ás 21 h. se procederá ao sorteo!

  73. R.
    1 / Xaneiro/ 2010

    Vaia suspense¡¡¡

  74. fran
    2 / Xaneiro/ 2010

    feliz ano!!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *