As crónicas do gourmet

gyver Se seguimos coa relación entre gastronomía, arte e viaxes, non podo menos que citar as estupendas crónicas que o amigo GourmetyMerlín fixo da súa viaxe ao corazón da Francia culinaria a semana pasada. Gourmetymerlin é un tipo que sabe moitísimo do que fala, do que dá gusto aprender e que, por riba, é amigo. A principal diferencia gastronómica entre el e máis eu é que cunha alacena baleira el levanta unha enxeñosa pasta con noces e eu chamo ao chinés. Este MacGyver da cociña crea manxares a partir do deserto almacenario máis absoluto. As súas crónicas parisinas son unha gozada de pequenos e grandes descubrimentos. Non as perdan.

De Macizo Central para atrás.

Be First to Comment

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará