a sede de Prada a Tope

pazo de canedo

En Cacabelos (O Bierzo, León) está -sen perda posíbel- a sede da exitosa franquicia Prada a Tope, o imperio fundado por José Luís Prada -o peculiar alcalde rockeiro- en datas tan tempranas como 1972. Na aldea de Canedo, o Prada mercou un pazo rural con extensos viñedos e fixo posíbel un soño gastronómico xurdido dos alicerces mesmos da cultura da comarca. Todo o que se fai en Prada a tope pode ser visitado: os lagares, as adegas, o forno no que se asan os seus famosos pementos, a planta de procesamento das conservas, os bocois de crianza…

A central desta franquicia de restaurantes que demostran que o slow food, a comida elaborada e de calidade, non está enfrontada ao beneficio económico, á popularidade e mesmo á rapidez do servizo. Que lles vou dicir, se xa están afeccionados á comida do Prada: velaí tortillas guisadas en tomate natural, lacón prensado, pementos riquísimos, o espléndido botillo, a crema de limón con castañas que me perde, a unha excelente relación calidade/prezo. O pazo de Canedo, a sede deste soño, ten a limpeza e a impecabilidade dun caserío suízo, un servizo hostaleiro ben informado e unha coidadísima imaxe corporativa. Visíteno se teñen ocasión. Eu xa vou levar a máis dun por aí.

Be First to Comment

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará