Miss Dewey, un buscador moi, moi humano

miss_dewey.gif

Os buscadores están evolucionando moi rapidamente, pero Miss Dewey é unha auténtica aproximación á web “humana”. A señorita Dewey, unha moza real que, en realidade, agocha unha complexa secuencia de clips de vídeo, acena, fala contigo e interactúa cando fas buscas na web. Pero o que me deixou pasmado foi que ¡comenta os resultados con secuencias propias de vídeo! Obviamente, aínda non meteron un clip de vídeo propio para Manuel Fraga, pero se buscas algo famoso norteamericano, como “New York” podes ver o efecto. A “vida” da señorita Dewey está tan conseguida que compensa pasmar diante da pantalla un anaco para observar o seu comportamento. Déixaa aberta tamén noutra xanela de navegador e verás como perde os nervios. Algo digno de visitar, aínda que de dubidosa utilidade real. Ollo, tarda un pouquichiño en cargar.

Visita a Miss Dewey

Vía Píxel y Díxel

2 Comments

  1. pili
    20 / Outubro/ 2006

    Leer a Jean F. Fogel no seu artigo “Ser Digital”. Para unha inmigrante deste mundo esta señorita viría sendo unha intrusa?

  2. 20 / Outubro/ 2006

    Pasáraseme ler ese artigo de Fogel, Pili, pero é notábel. Pero non perdas medo: os nativos de agora serán inmigrantes de mañá neste mundo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará