Cartas desde Beirut

Este vídeo está publicado en Beirutletters.org e foi realizado por Beirut DC, unha comunidade de activos realizadores audiovisuais do país que organizan todos os anos un festival de cine na cidade. Denuncia os ataques israelís sobre o Líbano. O deseño da peza audiovisual é intelixentísimo e a súa factura técnica de gran calidade: a sobriedade, a dignidade, a cadencia e escritura do guión, a captura de momentos e o casting deses cidadáns, tan próximos a nós. Os autores usaron unha combinación astuta: tv + internet + creative commons 2.5 para viralizar a mensaxe con rapidez. Decididamente, estamos nunha nova era para a reivindicación e a comunicación alternativa.

Vía Mirá.

Be First to Comment

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará