Dispoñible para lectura o catálogo de “Galicia, un relato no mundo”

A Cidade da Cultura puxo a disposición do público o catálogo da exposición “Galicia, un relato no mundo”, para conmemorar o último día, 12 de abril, no que a exposición estaría aberta ao público. O catálogo é, sobre todo, un ensaio colectivo ao redor da conformación de Galicia como país a partir das súas relacións internacionais. Coa participación dos membros do Consello Asesor así como doutros convidados coma os meus admirados Robert MacFarlane ou Nélida Piñón, o libro é unha fermosa viaxe por un mundo aberto, en tensión, do que todos e cada un de nós procedemos.

Podes consultalo en aberto aquí.

Comments are closed.