Luns 19 de novembro: presentación de O exército de fume no Cárcere da Coruña

Este luns 19 de novembro ás 20 horas terá lugar unha presentación moi especial de O exército de fume á que estás convidada/o. Será no antigo cárcere da Coruña, xusto no lugar onde estiveron encarcerados moitos dos protagonistas que inspiraron ás personaxes da miña novela, como Benigno Andrade, Foucellas, executado alí mesmo. Ten algo extraño presentar unha novela de ficción, é dicir, un exercicio de imaxinación, alí onde se produciu un encontro tan brutal coa realidade. Pero eu quero reivindicar non só a memoria, senón tamén o dereito a imaxinar, a necesidade de imaxinar como un xeito de facer xustiza.

Acompañarame o profesor de Historia Contemporánea da USC Emilio Grandío. Será un pracer departir con el sobre as fronteiras entre a realidade, a ficcion e a lenda, entre moitas outras cousas. Anímote a que nos acompañes! Agradezo ao Proxecto Cárcere a súa amable convite. Tentaremos estar á altura do lugar.

Be First to Comment

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará