Mércores 1 de agosto: presentación de O exército de fume na Coruña

Mañá, mércores 1 de agosto de 2018, andarei pola Feira do Libro da Coruña. Será a primeira vez que a visite e para algo moi especial: presentar O exército de fume na cidade. Será ás 19 horas e estarei acompañado por Manuel Bragado. Se hai vaga de calor (que está por ver), nada mellor que refrescarse coa literatura. E, se non a hai, que mellor que disfrutar das tardes do veran falando de libros! Estas presentacións son especiais tamén porque unha das protagonistas de O exército de fume, Celia Pardo, é da Coruña e é na Coruña onde transcorre parte da acción da novela.

Vémonos este mércores 1 de agosto ás 19 horas na Feira do Libro da Coruña!

Be First to Comment

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará