Vídeos 360º para arqueoloxía: a experiencia en A Penaparda

Acabamos de publicar en romanarmy.eu un pequeno documental que realizamos en 360º, e que tamén podes ver neste post. O obxectivo é comezar a explorar este tipo de formatos audiovisuais especiais, inmersivos, nos que o espectador se atopa no centro da acción, para aplicar en campañas arqueolóxicas. Coidamos que pode ser unha maneira interesante de introducir ás interesados e interesados no centro da “acción”, e explicar mellor como os científicos traballan a pé de campo. Esta é a primeira dunha serie de experiencias neste sentido.

Xa con esta pequena curtametraxe documental aprendemos algunhas cousas, tanto de produción como de formato e de linguaxe. En primeiro lugar, o tema do audio. Traballar con 360º en campo significa ter moi controlado o tema audio, con micros propios para cada un dos que fala, ou conseguir que as fontes principais de son estean próximas á cámara, por exemplo. A cuestión, con todo, é garantir un son máis ou menos holofónico para que a impresión de realismo estea ben. E logo o que xa comezamos a facer aquí. As escenas hai que “compoñelas” case como en teatro, para que o espectador non se perda cun tipo de narrativa que o pode envolver por completo se o mira con gafas.

En suma, iremos facendo algunhas experiencias inmersivas, explorando as posibilidades destes formatos de vídeo moi novidosos para divulgación científica. Por agora, disfrutade desta primeira experiencia!

2 Comments

  1. Jorge Lama
    19 / Xaneiro/ 2018

    Moi interesante o vídeo 360º, aporta diferentes aproximacións e incita a revisións sucesivas do vídeo, cambiando o punto de vista. Unha forma de gamificar os contidos contando coa curiosidade do espectador (e de que todos levamos un árbitro e un director de cine dentro de cada un, jeje).

  2. 19 / Xaneiro/ 2018

    Si, toda esta tecnoloxía aínda ten que mellorar moito en numerosos aspectos, pero a verdade é que proporciona un tipo de experiencia distinta ao audiovisual convencional e, sobre todo, obriga a pensar moi ben como queres contar o que queres contar. Outra cousa é se consigue chegar aos usuarios, que está a ser difícil.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará