Xa dispoñible o Calendario do Románico 2018

Un ano máis, a asociación O Sorriso de Daniel publica o seu calendario, no que mes a mes se poden admirar as marabillas do noso románico a través das fotografías de Sole Felloza. Desta volta, o calendario está adicado aos concellos de Monforte, Sober, Quiroga e Ribas de Sil, recollendo grandes edificacións pero tamén pequenos detalles, como as pías ou os canzorros: todo aquelo que fai fermoso o románico rural do país. Será o último calendario dedicado á Ribeira Sacra (xa van seis), e para o vindeiro ano, o Calendario do Románico mirará para outras coordenadas do país. Así que preparádevos.

Aquí tedes un avance do Calendario do Románico 2018:


Virxe románica de Bendollo (Quiroga)


Igrexa de Torbeo (Ribas de Sil)


Pía de Santa María de Amandi (Sober)


Capitel en San Xillao de Lobios (Sober)


Pórtico en San Pedro de Valverde (Monforte)


Canzorro en Baamorto (Monforte)


Pía en Santo Estevo de Anllo (Sober)

O Calendario do Románico 2018 xa comeza a estar dispoñible nas diferentes cidades e vilas (consultade no seu Facebook)

Be First to Comment

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará