Mércores 24: falamos da promoción audiovisual do Anxo Negro no Festival de Cans

Pois será un pracer estar este mércores 24 de maio ás 16 horas no Baixo de Bugaríns, en Cans (O Porriño) falando sobre booktrailers e contando un pouco a experiencia audiovisual da promoción de O Anxo Negro, cos vídeos, boletíns e finalmente ese vídeo que explora as posibilidades cinematográficas da novela. A mesa está organizada por Teresa Cuíñas e contará con Manolo Bragado (director de Edicións Xerais), Iria Collazo ( escritora), Luz Beloso (ilustradora), Soledad Felloza, (realizadora), Mar García (Biblioteca Municipal Xosé Neira Vilas de Vigo), e eu mesmo. Alí vos convidamos para falar da converxencia entre literatura e audiovisual, estratexias de promoción visual ou o papel de Internet e os booktubers na promoción editorial.

Para que non vistes o “trailer” de O Anxo Negro:

Be First to Comment

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará