Sábado 6 de maio: presentación en Bruxelas do patrimonio á literatura

Será un auténtico pracer visitar o Centro Galego de Bruxelas La Tentation (rúa de Laeken, 28) este sábado 6 de maio ás 18 horas para falar das miñas obras literarias Vento e Chuvia e O anxo negro. Desta volta, explicarei a raiceira destas dúas obras, as súas orixes na memoria persoal e colectiva, e os vínculos co patrimonio cultural de Galicia, pero todo isto en plan moi aberto, dando pé á conversa. Así que se andades por Bruxelas, estades convidados á esta xuntanza e será para min un pracer compartir ese tempo convosco.

Be First to Comment

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará