Unha (micro)historia dos tesouros na Nerdnite de novembro

As Nerdnites son unha gozada de eventos que animan as noites compostelanas, e unha das mellores cousas que lle teñen pasado á USC para conectala coa sociedade -e entre si, as diferentes facultades e persoal investigador- nos últimos anos. Coordinadas por Jorge Mira, trátase de que profes ou investigadores nos acheguemos dunha maneira un pouco gamberra a algún tema. O vindeiro martes 15 de novembro, ás 21:30 horas, na Nave de Vidán, canda os compañeiros que vedes no cartel, eu farei un breve resumo da historia dos tesouros galegos.

As Nerdnites son abertas, pode ir calquera persoa, gratuítas e non é preciso reservar. Iso si, vir con gañas de pasalo ben e disfrutar da ciencia e do coñecemento cunhas birras, que tamén se pode. :-)

Be First to Comment

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará