Unha recreación da mitoloxía dos galaicos, nas Xornadas Castrexas de Cambre

O dinámico Moncho Boga convidoume a participar nas XVI Xornadas Castrexas de Cambre, todo un clásico outonal da divulgación da investigación e a cultura ao redor dos galaicos. Será este sábado 15 de outubro ás 10:30 horas. Desta volta, falarei sobre literatura e recreación histórica, un pouco a partir da experiencia de escritura de Vento e Chuvia. Mitoloxía antiga da Gallaecia. Darei conta dos vimbios cos que fun tecendo as historias e as estratexias para construír unha mitoloxía posible -e imaxinaria- a partir dos datos que temos. Posteriormente, Fermín Pérez Losada, catedrático da Universidade de Vigo, falará sobre as escavacións na cidade de Armeá, que están amosando cousas marabillosas.

Aquí está o programa e a inscrición.

Be First to Comment

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará