A aventura da ciencia en directo

Campamento del Xuegu la Bola.

Ando estes días a mil entre a axenda ordinaria e as pequenas cousas extraordinarias que non podemos deixar de facer. Entre elas, a de participar -tanto desde Compostela como en Asturias- da campaña de identificación de dous novos campamentos romanos localizados inicialmente a través do LIDAR hai menos dun ano. Unha aventura científica apaixonante nunhas paisaxes incribles levada a cabo por romanarmy.eu, o noso grupo informal de investigación conformado por arqueólogos e investigadores interesados no fenómeno da conquista romana do noroeste da península e na experimentación en socialización da ciencia. Podedes seguir os nosos traballos na nosa web www.romanarmy.eu (xa levamos uns días) e no noso facebook. Xa aviso que nos vindeiros días hai sorpresas visuais bastante impactantes. ;-)

Be First to Comment

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará