Galicia 100: inauguramos na Coruña o martes 4 de outubro

Pois xa sabedes. Despois duns meses en Compostela que foron unha auténtica delicia, a exposición Galicia 100 inaugúrase na Coruña o martes 4 de outubro ás 20 h., na sede de Afundación nos Cantóns. O acto é aberto e público, e nel daremos algunhas claves dos obxectivos da exposición.

A exposición ocupa dúas plantas de Afundación, nos Cantóns da Coruña, o acceso será de balde e haberá visitas comentadas a cargo do equipo didáctico de Afundación os xoves e os venres ás 19 horas. Recomendo que fagades alomenos unha das visitas con guía, porque esta é unha exposición de falar e escoitar. Debido a estar na Coruña, eu non poderei facelas persoalmente, pero se aínda así queredes, anotade unha data: o 21 de outubro. Ese día teremos unha xornada moi especial en Galicia 100 e farei un percorrido pola mostra.

Be First to Comment

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará