As pedras de San Lourenzo: arqueoloxía e emoción

Pois hoxe comezamos a difusión de As pedras de San Lourenzo, o documental que tiven a honra de dirixir sobre o proxecto arqueolóxico do Castro de San Lourenzo, que dirixe o amigo Xurxo Ayán. O documental é unha aproximación á filosofía deste proxecto que busca dinamizar o patrimonio cultural e a memoria da parroquia de Cereixa, na Pobra do Brollón (Lugo) e que durante este verán de 2016 viviu a súa primeira campaña.

Tiven a sorte de contar coa fotografía de Sole Felloza, quen é capaz de aprender con rapidez as diferentes esixencias do vídeo en relación á fotografía, e a complicidade do equipo do proxecto. Este é un documental arqueolóxico, pero sobre todo é un documental de vidas. Iso é o que creo que nos saiu. Un documental que non fica no científico senón que se adentra en como o patrimonio está gravado ou vinculado aos sentimentos das persoas: ás súas vidas, ás súas esperanzas, ás súas memorias. Quen vexa As pedras de San Lourenzo poderá ver como o patrimonio só ten sentido cando é vivido, cando é apropiado, cando acaba por formar parte dun. Arqueoloxía e emoción. Dous conceptos próximos. Por que non?

Disfrutade do documental tanto como nós o fixemos ao gravalo. Aquí o tes de balde para ti :-)

One Comment

  1. Paloma
    23 / Setembro/ 2016

    Que bo proxecto ese de Cereixa!!! Os meus parabéns. Canto me leva a min devanado a cabeza para que algo así se fixera en Óutara, que é a miña parroquia, tamén da Pobra do Brollón, que tamén ten un castro e un San Gregorio ao que lle usurpou o sitio a Virxe do Carme. Novamente parabéns a todos por recordar (nas dúas acepcións que no noso idioma ten) as pedras de San Lourenzo e moitas grazas por buscar os cimentos do que somos.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará